>  Posts tagged "obradoiro" (Page 2)

O próximo venres 21 de febreiro seguimos coas actividades de Cultura Urbana en A Coruña, nesta ocasión impartiremos un obradoiro de BREAKDANCE gratuíto e faremos un showcase no que participarán bailaríns/bboys de diferentes puntos de Galicia. 20.00-21.30h – Breakeando Obradoiro de Breakdance, con Pablo Castiñeira, membro de Vella Escola. Gratuíto previa inscrición en actividades@istoenormal.org. 22.00-23.00h – Showcase Bboying Exhibición.

Vella Escola colaborará con NORMAL (espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña) no seu programa "Las Tácticas del Adversario" levando diferentes actividades de Cultura Urbana á cidade da Coruña todos os venres do mes de febreiro. O programa comezará o próximo venres día 7 coa xornada "Todo Incluído" no que contaremos cunha masterclass de Rap

Vella Escola impartirá obradoiros de Skateboard e Hamabeads (confección de chaveiros) en Rianxo o martes 17 de setembro dentro do programa de actividades das Festas da Virxe da Guadalupe 2013. As actividades realizaranse na Praza Castelao en horario de 11:00 a 14:00 horas.

Vella Escola e o Concello de Muros organizan a  "I Festa de Cultura Xuvenil de Muros" que terá lugar o domingo 30 de xuño a partir das 19:00 horas na zona do porto (detrás de Roque). Esta xornada estará dedicada á Cultura Urbana cunha oferta variada de actividades nas que poderán participar de balde tódolos mozos e

Este sábado Vella Escola organiza en colaboración co Concello de Muros, un obradoiro de Rap en galego dirixido a mozos e mozas maiores de 12 anos. Esta actividade terá lugar na antiga fábrica de SEL en horario de 20:00 a 21:30 e será impartida por García MC,  integrante do grupo Dios Ke Te Crew. Esta iniciativa está

Este sábado impartimos un obradoiro de Breakdance ás 20:00 horas na antiga fábrica de SEL de Muros. Se tes máis de 12 anos e estás interesad@ en asistir podes inscribirte enviando un correo cos teus datos persoais a info@vellaescola.com ou chamando ao número 637 089 318. Esta actividade está enmarcada dentro do programa municipal "Noites Activas".