>  Uncategorized   >  Obradoiro de Breakdance gratuíto en A Coruña!!!

O próximo venres 21 de febreiro seguimos coas actividades de Cultura Urbana en A Coruña, nesta ocasión impartiremos un obradoiro de BREAKDANCE gratuíto e faremos un showcase no que participarán bailaríns/bboys de diferentes puntos de Galicia.

20.00-21.30h – Breakeando
Obradoiro de Breakdance, con Pablo Castiñeira, membro de Vella Escola. Gratuíto previa inscrición en actividades@istoenormal.org.

22.00-23.00h – Showcase Bboying
Exhibición. Participan Bboys de diferentes puntos de Galicia. Entrada libre de público ata completar o aforo.

Máis información en: www.istoenormal.org