>  Uncategorized   >  Cultura Urbana co CHOJÍN e Vella Escola este mes de Febreiro en A Coruña!!!

Vella Escola colaborará con NORMAL (espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña) no seu programa «Las Tácticas del Adversario» levando diferentes actividades de Cultura Urbana á cidade da Coruña todos os venres do mes de febreiro. O programa comezará o próximo venres día 7 coa xornada «Todo Incluído» no que contaremos cunha masterclass de Rap «Laboratorio de Rimas» e unha charla «Hip Hop Conciencia» da man de CHOJÍN e unha exhibición de Breakdance «The BreakFormance Show» da man de Vella Escola.

Para os seguintes venres do mes de febreiro hai a seguinte programación:

  • VENRES 7: Obradoiro de Rimas/Rap con CHOJÍN + Show de Breakdance
  • VENRES 14: Obradoiro de DJ + Showcase/exhibición de Rap
  • VENRES 21: Obradoiro e Showcase/exhibición de Breakdance
  • VENRES 28: Obradoiro de Beatbox + Show de Beatbox e Breakdance

 

*En Marzo o día 7: Obradoiro e Showcase de Rap.

Toda a informacion e horarios en: www.istoenormal.org