Talleres de STREET WORKOUT e PARKOUR en Ponteareas!!!
Este venres 1 de Xuño vémonos ás 19 horas en Ponteareas, no Parque Forestal Ferro Ucha. Nesta ocasión montaremos o noso parque móbil de barras no que impartiremos unha sesión de iniciación ao Parkour e Street Workout.
Máis de 100 participantes na xornada de PARKOUR!!!
O pasado venres tivo lugar en Ponteareas unha xornada de portas abertas sobre Parkour, na que participaron máis de 100 mozas e mozos. A actividade estivo dirixida por Vella Escola, que instalou un parque móbil (Parkour Park), e impartiu obradoiros de iniciación nesta disciplina, rematando cunha breve mostra ao finalizar a xornada.