O 14 de xullo chega a Ponteareas o festival de Cultura Urbana «Ruada Jam Fest» con obradoiros, exhibicións, quedadas, competicións e a mellor música para pasar un día enteiro de 12:00 a 24:00 bailando, saltando, pintando, cantando e RUANDO!!!
O lugar escollido para gozar de todo isto é o Parque da Feira Vella que recolle os mellores espazos para practicar diferentes Deportes Urbanos sendo ademais un lugar accesible situado á beira da Estación de Autobuses.
PROGRAMA:
- Campionato de Danzas Urbanas «All Style 1vs1»
- Show de Breakdance por BreakInclán
- Exhibición de Graffiti por Pow One, O Ras e Asten.
- Exhibición de BMX
- Sesión de música por Dj Mil
- Micro Libre
- SkatePark Móbil
- ParkourPark Móbil
- Obradoiros de iniciación ao Beatbox, Slackline, Parkour e Skateboard
«RUADA, sf. Festa e diversión popular con cantos, bailes e outras manifestacións. FOLIADA. / Ir de ruada, ir a divertirse, ir de troula.»