>  Uncategorized   >  O Ópera Break´s aterriza en Tomiño!!!

O 19 de agosto ás 22:30h, na Praza do Seixo de Tomiño, tivo lugar o «Ópera Break’s», un espectáculo revolucionario que fusiona Ópera, Breakdance, Beatbox e DJ para deleitar os sentidos.

A soprano Esperanza Mara cantou con emoción acompañada polo colectivo Vella Escola, que asombrou ao público asistente cos seus movementos de breakdance ao ritmo do son clásico orquestrado baixo os pratos do seu Dj. A función contou ademais cun Beatboxer que se sumou á mestura creativa tamén como presentador do show.

Esta fusión artística uniuse no escenario deixando a todos impresionados e isto non é novo, xa que este ano estiveron noutros lugares como Carballo e Villagarcía.

Para aqueles que anhelan unha experiencia única que desafíe as fronteiras da arte convencional, «Ópera Break’s» promete ser unha viaxe inesquecible.

Pronto se poderá gozar deste espectáculo noutras localidades galegas.

 

 

 

FOTOS