Máis de 100 participantes na xornada de PARKOUR!!!

Uncategorized

O pasado venres tivo lugar en Ponteareas unha xornada de portas abertas sobre Parkour, na que participaron máis de 100 mozas e mozos. A actividade estivo dirixida por Vella Escola, que instalou un parque móbil (Parkour Park), e impartiu obradoiros de iniciación nesta disciplina, rematando cunha breve mostra ao finalizar a xornada.

Esta actividade foi o punto de comezo do programa de ocio xuvenil «Mocidade Viva» promovido polo Concello de Ponteareas, que inclúe unha ampla oferta de talleres de Cultura Urbana entre outras actividades.

O seguinte obradoiro será o de Graffiti e terá lugar na Praza Maior o vindeiro venres 27 de Abril.

Palabras clave :

Cultura Urbana, mocidade, Mocidade Viva, ocio, Parkour, Parkour Park, ParkourPark, Ponteareas, Vella Escola, xuventude

Compartir en :

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos los derechos reservados.