CULTURA URBANA POLA IGUALDADE con Vella Escola e Manos Unidas

Uncategorized

A Asociación Vella Escola e a ONG Manos Unidas organizan para o próximo domingo 6 de outubro en Noia a xornada «Cultura Urbana pola Igualdade», na que se desenvolverán diferentes obradoiros relacionados con esta subcultura xuvenil. As actividades terán lugar na alameda en horario de 16:00 a 20:00 horas. Entre as actividades programadas atopamos diferentes obradoiros para iniciarse na práctica do Skateboard, Graffiti, Beatbox e incluso Turntablism (Dj). Por outra banda, tamén se realizarán dúas exhibicións, unha de Breakdance ao remate da xornada, e outra de Graffiti no campo de fútbol ao longo do día.

Palabras clave :

alameda, beatbox, breakdance, Cultura Urbana, dj, exhibicións, graffiti, igualdade, manos unidas, Noia, obradoiros, skate, skateboard, turntablism, Vella Escola

Compartir en :

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos los derechos reservados.