Vella Escola produce o RAP «QUEROeco» prol do Medio Ambiente!!!

Uncategorized

Vella Escola presenta o Día Mundial do Medio Ambiente o seu novo traballo audiovisual, o videoclip «QUEROeco – Cultura Urbana co Medio Ambiente» en colaboración co grupo galego Rap A Golpe de Beatbox.

Este proxecto fai uso do mundo da Cultura Urbana (Rap, Parkour, BMX, etc.) para poñer o foco en problemáticas sociais de tanto impacto como o coidado do Medio Ambiente, lanzar mensaxes de concienciación á mocidade e visualizar alternativas de ocio respectuosas co entorno. Porque pódese facer Cultura Urbana prol do Medio Ambiente.

Visualizar videoclip en: https://youtu.be/C5VJrkxQDLY

Da grabación e edición do vídeo ocupouse Lucas Terceiro, recentemente premiado por un dos seus traballos no certame Mestre Mateo. No tocante á produción musical, a grabación e mestura realizouse no estudio profesional MS Records a cargo de Daniel (D3).

Por outra banda, este proxecto contou coa colaboración de deportistas destacados no àmbito do Parkour; Yuyo, Monky e Yeray Ayala e do mundo do Flat Land (BMX) coma é o caso do rider Fran Villaverde.

O proxecto foi financiado pola Xunta de Galicia no marco do programa Iniciativa Xove, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e tamén contou coa colaboración da empresa TRAMEVE (Tratamento Medioambiental de Vehículos), lugar onde se realizou a grabación e de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

Palabras clave :

beatbox, COGAMI, Cultura Urbana, iniciativa xove, Lucas Terceiro, Medio Ambiente, QUEROeco, rap, TRAMEVE, Vella Escola

Compartir en :

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos los derechos reservados.