Chega a Santiago o «II Campionato Galego de Breakdance» (2 Novembro)
O vindeiro sábado 2 de novembro o Concello de Santiago de Compostela organiza en colaboración coa Asociación Vella Escola a segunda edición do Campionato Galego de Breakdance "SANTIAGO STREET BATTLES 2013". O evento terá lugar no Centro Comercial Área Central a partir das 16:00 horas. O "SANTIAGO STREET BATTLES" é o Campionato Galego de Breakdance/Bboying na modalidade 1vs1.