>  Uncategorized   >  Rap en Galego en Outes para a normalización lingüística

Estimular a creatividade dos mozos e promover entre eles o emprego do galego. Eses foron os obxectivos principais do obradoiro de rap que se levou a cabo en Outes, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística.

A acción formativa tivo como mestres a Pablo Castiñeira e ao rapeiro Risk (do colectivo Vella Escola), que desenvolveron cos participantes técnicas para encaixar rimas ou escribir e interpretar cancións.

Os rapaces que se deron cita na praza do Bosque tamén tiveron ocasión de compoñer colectivamente algunhas estrofas para despois entoalas.

O concelleiro de Cultura, Xosé Manuel Ramos, indicou que o goberno local pretende contribuír a que a mocidade dispoña de alternativas de lecer que sexan do seu interese.

Fonte: La Voz de Galicia (05/07/2020)

Ver nova completa en:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/outes/2020/07/05/span-langgloutes-promove-galego-os-mozos-ritmo-rapspan/0003_202007B5C10994.htm

Máis información sobre talleres de Rap en: www.vellaescola.com