>  Uncategorized   >  Murais que absorben a polución ambiental mediante fotocatálisis!!!

Comezamos o ano 2022 de roteiro por 50 centros escolares de Galicia da man dun proxecto innovador que une arte urbana e ecoloxía baseado na realización de murais colaborativos utilizando pinturas antipolución. Actividade enmarcada no programa «Escolares» de Afundación.

 

A continuación describimos en que consiste este proxecto que está a ter unha acollida excepcional nos centros educativos da nosa comunidade;

 

PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS é un proxecto escolar pola sustentabilidade que une cultura e coidado do medio ambiente a través da realización de Murais Artísticos, Colaborativos e Ecolóxicos nos centros educativos de Galicia con pinturas fotocatalíticas anticontaminación, que absorben o CO2 do ambiente. Unha iniciativa innovadora que ten como obxectivo achegar ao estudantado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de lecer que fomentan o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa.

 

 

As pinturas fotocatalíticas anticontaminación son unhas pinturas que non só non contaminan, senón que ademais absorben e depuran os contaminantes que hai no aire, como os óxidos de nitróxeno e outros gases contaminantes procedentes da industria e do tráfico rodado (cada metro cadrado desta pintura equivale ao efecto depurativo que achega ao medio ambiente unha árbore adulta funcionando coma una «fotosíntese» artificial).

 

 

O proxecto consistirá en coordinar ao estudantado participante para pintar un mural colaborativo, con estas pinturas e con temáticas relacionadas coa reforestación, intervindo a parede que designe o centro escolar. A actividade complétase con talleres de pintado de bolsas de tea reciclada nos que se traballará a temática ambiental desde un enfoque participativo, o que facilita a toma de conciencia sobre a importancia de coidar da natureza.

 

 

#MuraisAntipolución #MedioAmbiente #Ecoloxía #PlantandoÁrboresConPinceis #fotocatálisis #PinturaFotocatalítica #Fotoactiva #ArteUrbana #Activismo #CulturaUrbana #VellaEscola #Afundación #Galicia #Educación #Escolas #Mural