«This Is Not an Exit» [Isto non é unha saída], é a nova proposta de Markus Muntean ( Graz, Austria, 1962) e Adi Rosenblum (Haifa, Israel, 1962).
O título, última frase do libro de Bret Easton Ellis de 1991 American Psycho, alude ao propósito do corredor de parkour de achar un camiño onde aparentemente non o hai. O fin primeiro e principal desta nova instalación e performance é trasladar ao museo o parkour, unha actividade cuxos practicantes se marcan como obxectivo desprazarse, sen equipo nin axuda de ningún tipo, por unha contorna complexa, dun punto a outro, da forma máis rápida e eficaz posible.
A parte escultórica da instalación céntrase na rechamante similitude formal que existe entre as caixas de adestramento do parkour e os pedestais tradicionais dos museos e galerías.
No acto de inauguración terá lugar unha performance coa participación de traceurs locais da agrupación Vella Escola.
Exposición Datas: Do 1 de marzo ao 16 de setembro de 2018.
Artista: Muntean/ Rosenblum
+ Info: www.fundaciongasnaturalfenosa.org