O programa VIVE a CULTURA URBANA chega ao Porriño!!!

Uncategorized

Este venres 15 de Marzo chega a Porriño da man da Vella Escola o programa «VIVE a CULTURA URBANA» que ofrecerá obradoiros para a mocidade durante os venres dos meses de marzo e abril.

Esta programación cultural inclúe unha gran variedade de obradoiros deseñados para tódolos gustos, desde disciplinas de danza e musicais ata outras deportivas e artísticas.

Ahí vai unha listaxe con algúns dos obradoiros nos que podes participar:

  • Parkour
  • Skate
  • Breakdance
  • Danzas de Rúa
  • Slackline
  • Street Workout
  • Graffiti
  • Personalización de Gorras Trucker
  • Rap
  • Beatbox
  • Turntablism Dj

As actividades programadas realizaranse na Pista Deportiva do parque infantil situada á beira do ceminterio tódolos venres a partir das 18:00 horas.

As actividades van dirixidas a mozas e mozos maiores de 11 anos, son de balde e non requiren inscrición previa.

Palabras clave :

beatbox, breakdance, Cultura Urbana, dj, graffiti, obradoiros, Parkour, Porriño, rap, skate, slackline, Street Workout, Vella Escola, Vive A Cultura Urbana

Compartir en :

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos los derechos reservados.