Desde a Vella Escola traemos un novo programa de arte urbana chamado «O Pintamuros» que terá lugar nos 10 centros educativos do Porriño en horario lectivo, durante a segunda e terceira semana do mes de outubro de 2020.
Neste proxecto plantexamos a elaboración dun mural artístico colaborativo de 15m2 en cada un dos centros de ensino con temáticas relacionadas coas problemáticas sociais actuais (igualdade, medio ambiente, ocio saudable, etc., baixo unha metodoloxía que promove a participación activa da mocidade en iniciativas de ocio educativo inclusivo. Poderán participar nos obradoiros as mozas e mozos maiores de 9 anos que cursen estudos nalgún dos centros educativos do municipio.
OBXECTIVOS XERÁIS
*Xerar novos espazos para a creación artistica que fomenten actitudes creativas e permitan a expresión creativa individual e colectiva.
*Coidar a nosa contorna e humanizala mediante o activismo e a intervención colectiva en proxectos educativos de acción cultural e social.
*Promocionar hábitos saudables e previr condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilizar e loitar contra calquera forma de discriminación, fortalecendo a cohesión social e tomando concienciación a través da participación activa.
*Apoiar a diversidade no ámbito do ocio e promover as prácticas da Cultura Urbana como hábitos de vida saudables que melloren a calidade de vida da xuventude a nivel corporal, mental e social.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
*Alimentar a capacidade artístico-expresiva innata da mocidade a través da súa participación nos obradoiros programados.
*Desenvolver contidos educativos, culturais e sociais variados e interesantes para a mocidade expresados mediante a pintura mural.
*Mellorar a imaxe dos muros dos centros de ensino restaurando e docorando as paredes afectadas por pintadas ou en mal estado de conservación.