A Asociación Vella Escola organiza o I Congreso Galego de Cultura Urbana «Generación Hip Hop» en Santiago de Compostela o último fin de semana de setembro, os días 26 e 27.
O “I Congreso de Cultura Urbana: Generación Hip Hop” é un encontro de asociacións, empresas, colectivos, artistas e demais persoas que desenvolven actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia, en calquera dos seus ámbitos, tanto a nivel profesional como persoal. A finalidade desta iniciativa é a de impulsar a aparición de sinerxías entre asociacións, empresas, artistas e demais profesionais da Cultura Urbana aportando un espazo comunicativo e de convivencia que facilite a creación colectiva de proxectos artistico/culturais innovadores.
Lugar de realización: CX Don Bosco (Rúa Belvís, 2 – Santiago de Compostela)
Data: 26,27 de Setembro de 2015
DESTINATARIOS:
Asociacións, empresas, colectivos, artistas e demais persoas que desenvolven actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia, en calquera dos seus ámbitos, tanto a nivel profesional como persoal.
Os contidos do programa desenvolveranse en diferentes formatos:
FALADOIROS * RELATOS DE EXPERIENCIAS * MESAS REDONDAS * CAFÉ-WORK * MOSTRAS
Este proxecto está financiado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado a través do programa de axudas «Iniciativa Xove 2015» contando coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.