>  Uncategorized   >  Éxito absoluto no II Campionato Galego de Breakdance SANTIAGO SB 2013!!

Logo de moitos meses de preparación e dun sábado con moito movemento, xa damos por rematada a II edición do Campionato Galego de Breakdance «SANTIAGO STREET BATTLES 2013».

Dende Vella Escola queremos dar a noraboa a Naughty Niko (Pontevedra), Sufi (Madrid) e Serlli (Santiago de Compostela), que lograron as primeiras prazas no «Santiago Street Battles» deste ano, oro, prata e bronce respectivamente.

Agradecemento especial ao Concello de Santiago e á Concellería de Benestar Social. Dar as grazas ao xurado; Master, Joseba e Dave que fixeron un traballo excelente. Grazas tamén ao noso Dj Cro que nos trae cada ano a mellor selección musical, e ao speaker desta edición, Kawa que demostrou a súa gran profesionalidade co micro.Queremos agradecer novamente a todos os patrocinadores e colaboradores, Area Central, New Era, Rockstar,Cultura Urbana Shop, EDAE, RockWear Serigrafia, Carpinteria Liñares e GaliPrint3D. Grazas ao fotógrafo profesional Argimiro (aiGi boGa) que colaborou desinteresadamente co evento. Tamén queremos agradecer a colaboración da revista Coreo Magazine que nos acompañou durante todo o evento. Grazas a todos os participantes e artístas que nos abraiaron cas mellores actuacións e shows e coa exhibición de Graffiti da man de Doce e Chek!!!

Vémonos o próximo ano!!!