>  Uncategorized   >  Evento «Breaking Battle Porriño» o 10 de Xullo!!!

«Breaking Battle Porriño” é unha competición/encontro de Breaking que terá lugar o sábado 10 de xullo de 2021 en horario de 17:00 a 21:00 horas no Auditorio Exterior do Centro Cultural Municipal do Concello do Porriño, onde se instalará unha pista de baile específica para a práctica desta disciplina ademais dun espazo de quecemento para os participantes e cadeiras para que o público poida asistir e gozar deste singular evento que irá acompañado de música en directo pinchada por un Dj.

Este evento contará cun único formato 1vs1 (individual) e con 2 categorías de participación; unha de “Kids” dirixida a idades comprendidas entre os 7 e os 18 anos e outra “Absoluta” para participantes maiores de 18 anos.

XURADO

  • Anxo Flava (Ferrol)
  • Gado (Sevilla)
  • Lúa (Vigo)

HOST: Norte (Vigo)

DJ Cro (Santiago de Compostela)

O evento é unha competición asociada, puntuable para o Ranking nacional da Federación Española de Baile Deportivo (para deportistas federados).

PREMIOS

  • 1° Premio: Trofeo + 200€
  • 2° Premio: Trofeo + 100€
  • 3° Premio: Trofeo + 50€

*Premios categoría Kids: Trofeos

A inscrición para participar é de balde e poderá formalizarse enviando un correo cos seguintes datos a info@vellaescola.com

  • Nome e Apelidos:
  • Dni:
  • Data de nacemento:
  • Localidade:
  • Correo electrónico:
  • Número de teléfono:
  • Nome artístico (AKA):
  • Asunto: Inscrición Breaking Battle Porriño

O prazo de inscrición é do 03 de xuño ao 05 de xullo.

A organización do evento contará cos protocolos e medidas de control de aforo axeitadas para garantir a seguridade en todo momento, tanto dos participantes como do público asistente.

Os principais obxectivos desta actividade son; apoiar a diversidade no ámbito da cultura, do deporte e do lecer, promover a práctica do Breaking como hábito que mellora a calidade de vida da mocidade a nivel corporal, mental e social e facilitar un punto de encontro entre mozas e mozos, promovendo valores de respecto e solidariedade a través da experiencia competitiva.

CARTEL