>  Uncategorized   >  Día Internacional dos museos. Parkour no MAC

Presentación. Museos hiperconectados: Enfoques nuevos, públicos nuevos é o tema escollido polo ICOM para conmemorar o Día Internacional dos Museos 2018. Para celebralo convidámoste a participar nunha actividade inspirada na exposición This Is Not An Exit, dos artistas Muntean/Rosenblum. Unha xornada de portas abertas na que os visitantes máis xóvenes poderedes coñecer e ensaiar os movementos básicos de Parkour.
Seguindo as instrucións de profesionais de Vella Escola practicarás en sesións pechadas de media hora algúns desprazamentos e técnicas desta disciplina urbana mentras descobres os rincóns do museo e as súas exposicións.

Data. Venres 18 de maio de 2018.

Horario. De 17:30 a 20 horas.

Perfil. Xóvenes a partir de 12 anos con ou sen experiencia en movementos de Parkour.

Grupos. Organizaranse grupos reducidos de 15 persoas que participarán en sesións de 30 minutos de duración.

Prezo. O acceso á actividade é libre.

Inscrición. Para reservar praza envía un correo coa túa idade, nome e apelidos á seguinte direción: actividades2.mac@gasnaturalfenosa.com

Máis información en: http://www.fundaciongasnaturalfenosa.org/mac/actividad/dia-internacional-los-museos-parkour-mac/