A semana pasada os da Vella Escola presentamos o noso proxecto de Dinamización da Lingua Galega aos XX Encontros Para a Normalización Lingüística que tiveron lugar en Santiago de Compostela os días 12,13 e 14 de Abril na sede do Consello da Cultura Galega.
Nesta ocasión deseñamos unha infografía sobre novas metodoloxías para dinamizar a lingua galega entre a mocidade a través do ocio, concretamente mediante a Cultura Urbana.
Desde a nosa entidade traballamos con obradoiros de Rap en Galego e o Graffiti como ferramentas de dinamización entre outras, porque o Hip Hop e a Cultura Urbana son boas alternativas para a dinamización da Lingua Galega entre a mocidade.
A continuación compartimos a infografía que deseñamos para os encontros deste ano.