Cultura Urbana con Vella Escola no XX CEV2018!!!

Uncategorized

O 28 e 29 de Novembro desprazámonos ata Ourense ao XX Congreso Estatal de Voluntariado onde estaremos dous días completos dinamizando este evento con shows, talleres e mostras de Cultura Urbana.

Levaremos:

Unha «mini ramp» para que @s amantes das rodas poidan patinar durante toda a xornada…

Os nosos parques móbiles de Parkour e Workout…

A pista de baile e a cabina Dj para animar a festa…

Muro artificial para Graffiti e UN COCHE que imos pintar en directo sen trampa nin cartón 😉

Shows de Beatbox e Breakdance e moitas sorpresas!!!

A parte da nosa programación, o congreso ten moitas e variadas actividades nas que podes participar como voluntario/voluntaria ou como entidade.

Máis información en: https://enlazatealvoluntariado.gal

Palabras clave :

Congreso Estatal de Voluntariado, Cultura Urbana, galicia, Ourense, Vella Escola, voluntariado

Compartir en :

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos los derechos reservados.