Continuamos cos obradoiros de Cultura Urbana de «NOITES ACTIVAS» Muros

Uncategorized

Durante o mes de outubro continuamos en Muros co programa «Noites Activas» impartindo obradoiros de Breakdance, Beatbox e Skateboard os sábados en horario de 20:00 a 22:00 horas na antiga fábrica de SEL. Estas actividades van dirixidas á mocidade de idades comprendidas entre os 13 e os 20 anos. Se estás interesad@ en participar nos obradoiros tes que inscribirte no Centro Cultural e Xuvenil de Muros e Servizos Sociais (Centro de día).

PROGRAMA:

  • Sábado 5   de outubro: Obradoiro de Breakdance
  • Sábado 12 de outubro: Obradoiro de Beatbox
  • Sábado 26 de outubro: Obradoiro de Skateboard (con skatepark móbil)

 

Máis información en: info@vellaescola.com

Palabras clave :

beatbox, breakdance, Cultura Urbana, galicia, móbil, móvil, muros, noites activas, normalización lingüística, obradoiros, skate, skateboard, skatepark, talleres, Vella Escola, xuventude

Compartir en :

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos los derechos reservados.