Clases de Breakdance e Skate en Santiago de Compostela

Uncategorized

O próximo venres 3 de maio dan comezo en Santiago de Compostela, as Escolas Municipais de Breakdance e Skateboard. As clases impartiranse tódolos venres en horario de tarde, das 18:00 ás 19:30 horas. Os lugares onde se van impartir as clases son; o Centro Sociocultural de Fontiñas para a actividade de Breakdance e o Colexio Ramón Cabanillas para a actividade de Skateboard. Desta última actividade tamén se impartirán algunhas sesións no skatepark situado na Praza da Constitución (Parlamento).

As actividades están dirixidas a mozos e mozas maiores de 12 anos e a inscrición é de balde cun límite de 30 prazas que se adxudicarán por estrita orde de inscrición.

O cartel é o seguinte:

CARTEL---Escolas-Municipais-de-Breakdance-e-Skateboard-2013-SANTIAGO-DE-COMPOSTELA-(Redes)

Palabras clave :

breakdance, clases, compostela, escuela, santiago, skate

Compartir en :

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos los derechos reservados.