Remata o Campionato Open España de Breaking «Santiago Street Battles» (VI edición) organizado por Vella Escola e financiado pola Xunta de Galicia (DXXPV) a través do prograna «Iniciativa Xove» , contando coa representación de bailaríns procedentes de case todas as comunidades autónomas.
A continuación compartimos o resumo dos resultados da competición (puntuables para o Ranking da Federación Española de Baile Deportivo):
Na categoría Absoluta, Guille (Zaragoza) consegue a medalla de ouro, Johnny Fox (Barcelona) acada a prata e Bayo (Madrid) logra o bronce nunha batalla moi axustada contra Artur (Santiago de Compostela) que queda en cuarta posición.
Na categoría Kids, temos podio galego con Bboy Amor (Neda) en primeiro lugar, Sinopsis (Vigo) no segundo posto e Bgirl MiniAli coa terceira posición.
O evento desenvolveuse sen incidentes, logo de poñer en marcha os protocolos da Xunta de Galicia, da FEBD e do CSD.
VÍDEO