Desde a Vella Escola garantimos a seguridade na realización de actividades culturais, deportivas e artísticas.
Durante as últimas semanas, mentres o plan de desescalada avanza, o noso grupo de especialistas reuniuse para desenvolver unha serie de medidas extraordinarias que xa forman parte do noso Plan de Prevención de Riscos e do protocolo de actuación da nosa entidade que será aplicado en tódalas actividades, tanto nas externas coma internas e por descontado, tamén nos servizos contratados por terceiros.
A ampliación do documento de prevención e a súa aplicación permitirá desenvolver todas as actividades previstas, sempre que se sigan os protocolos establecidos, que ademáis deberán adaptarse en todo momento ás medidas indicadas polas autoridades sanitarias no momento de desenvolver ditas actividades. Este documento elaborado polos nosos profesionais integra cuestións coma as que pasamos a concretar a continuación:
- Adaptación da forma en que se organizan os grupos de participación para garantir os aforos e distancias de seguridade requeridas (para todas as actividades participativas e espectáculos).
- Uso obrigatorio de mascarilla en tódalas actividades musicais e artísticas.
- Desinfección constante de equipamentos deportivos e materiais funxibles de uso compartido.
- Eliminación de elementos de uso compartido e outros que podan influir na expansión do contaxio.
- Outras medidas pertinentes de caracter xeral establecidos en coordinación coas entidades organizadoras para garantir a maior seguridade posible.
Máis información en: www.vellaescola.com