Campamento de disciplinas urbanas en Cabana!!!
Urban Camp é un novo programa de #CulturaUrbana que nos leva a Cabana de Bergantiños. Esta actividade desenvolverase os días 15, 16, 17 e 18 de maio en horario de 17:00 a 20:00 horas e está destinada á rapazada cabanesa de entre 12 e 16 anos.