
URBAN WEEK
Transformación de espazos interiores e exteriores en centros comerciais con decoración, parques, obradoiros e shows de Cultura Urbana.

QUEROECO
Proxecto baseado na realización de murais artísticos colaborativos con temática medioambiental, utilizando pintura fotocatalítica antipolución.

ÓPERA BREAK´S
Espectáculo que mestura Ópera (Esperanza Mara) con Breakdance, Beatbox e Dj (Vella Escola), pinchado nunha única función de grande calidade artística.

JUMP TO CHALLENGE
Programa de Team Building. Mediante diferentes dinámicas colaborativas baseadas en Parkour traballamos a adaptación ao cambio e a xestión do medo.

IMPROVISDADO
Concurso de muralismo e debuxo cun formato innovador que leva aos participantes a improvisar e intervir artísticamente sobre diferentes soportes ríxidos.

RETRO ROOM
Transformación de espazos con temática retro ochentera, con máquinas retro, iluminación neón, xogos interactivos arcade, videoxogos...

LIBRO SOMOS HIP-HOP
O primeiro libro do mundo sobre Hip Hop e os seus 5 elementos con contidos de realidade aumentada.

O PINTAMUROS
Proxecto artístico baseado na elaboración de murais colaborativos en centros de ensino, abordando diferentes temáticas de interese social.

RAP CON ROSALÍA
Creamos poemas en galego, os reinterpretamos e tamén rapeamos poemas de Rosalía de Castro de xeito colaborativo!!!

LIGA XUNTA BREAK
Circuito galego autonómico de Breaking con 10 sedes de acollida, 2 formatos e 3 categorías de competición por nivel.

PLAN RÚAS
Plan integral para a promoción da arte urbana e a posta en valor do patrimonio histórico de Santiago de Compostela.

FALAMOS? - RAP E SAÚDE MENTAL
Proxecto que usa o Rap como ferramenta para abordar a Saúde Mental desde un enfoque participativo con talleres e mesas redondas.

PROXECTO SURIGAM
Iniciativa que utiliza a Cultura Urbana como ferramenta para traballar a inclusión de persoas con discapacidade.

SPEED RING CONTEST
Campionato de velocidade contra reloxo multidisciplinar realizado sobre unha pista modular de Pumptrack de 20m.

STREET BATTLES
Competición de Breakdance en formato batalla e modalidade individual acompañada por exhibicións de Graffiti e actuacións musicais en vivo.