Esta disciplina urbana utiliza os patíns (de 4 rodas ou en liña dependendo da modalidade) e practícase na rúa e nos SkateParks, sendo un deporte dinámico cun alto compoñente acrobático. Con este tipo de patinaxe o deportista da renda solta á súa imaxinación e expresión realizando deslizamentos, saltos, equilibrios e xiros imposibles.