O FlatLand é unha modalidade do BMX que busca o perfecto manexo da bicicleta sobre a que realizar diferentes trucos de extrema dificultade tales coma desprazamentos sobre unha roda, equilibrios ou xiros que simulan un baile coa bici. Polo xeral, unha demostración desta modalidade sorprende pola mestura entre unha alta intensidade e a elegancia que desprende o máximo control da bici.