Este Nadal dáche Vella Escola levaremos a nosa rampa móbil (Mini Ramp) a Vilalba, que se instalará nunha carpa aberta situada na Praza da Constitución, onde tamén impartiremos clases de iniciación ao skate.
A actividade está dirixida a nenos (a partir de 8 anos) que poderán facer uso gratuíto do Skate Park dende o sábado 26 de decembro ata o 3 de xaneiro de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.
As probas de skate terán lugar o 26 de decembro (16:00 h), ou o 29 de decembro (18:00 h) ou o 3 de xaneiro (12:00 h) e para participar nelas será necesario preinscribirse na seguinte páxina web do concello:
https://entradasvilalba.es/evento/outros/obradoiros-de-skate
Cada obradoiro terá un aforo máximo de 5 participantes e contará con todas as medidas de desinfección e prevención de Covid.

