>  Uncategorized   >  Skate Park Móbil en Vilalba durante o Nadal!!!

Este Nadal os da Vella Escola levamos a nosa rampa móbil (Mini Ramp) a Vilalba, que estará montada na carpa aberta sita na Praza da Constitución, onde tamén impartiremos obradoiros de iniciación ao Skate.

A actividade está dirixida á mocidade (a partir de 8 anos) que poderá facer uso libre do Skate Park desde o sábado 26 de decembro ata o 3 de xaneiro en horario de 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Os obradoiros de Skate terán lugar os días 26 de decembro (16:00 h.), o 29 de decembro (18:00 h.) e o 3 de xaneiro (12:00 h.) e para participar neles será preciso realizar unha inscrición previa na seguinte web do concello:

https://entradasvilalba.es/evento/outros/obradoiros-de-skate

Cada obradoiro terá un aforo máximo de 5 participantes e contará con todas as medidas de desinfección e prevención de Covid.