Programa do MARTES URBANO (Pontedeume)!!!

Sen categoría

Os da Vella Escola xunto co Concello de Pontedeume e o Concello de Cabanas presentamos os Martes Urbanos, un programa de verán cheo de obradoiros de Cultura Urbana dirixidos á mocidade.

As actividades terán lugar na contorna da Alameda e no Espazo Xove de Pontedeume durante os martes dos meses de Xullo e Agosto a partir das 20:00 horas.

Para participar é preciso ter 12 ou máis anos, non se require inscrición previa e as actividades son de balde.

Esta iniciativa busca atender ás demandas variadas da mocidade ofrecendo unha alternativa de ocio saudable baseada na súa participación activa, na creatividade e na promoción dun uso responsable do seu tempo de lecer.

Palabras clave:

beatbox, breakdance, Cabanas, Cultura urbana, DJ, Espacio Vivo, graffiti, Martes Urbanos, mocidade, talleres, ocio, Parkour, Pontedeume, Radio, skate, adestramento na rúa, Vella Escola, verás, Xunta de Galicia, mocidade

Compartir en:

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos os dereitos reservados.