A Vella Escola xunto coa OMIX e a Concellería de Cultura do Concello do Porriño celebraron o Día de Rosalía o 24 de febreiro cun programa de 4 obradoiros de formación en Rap en galego, onde se traballaron diferentes recursos didácticos para aprender a escribir e interpretar rimas en galego con temas de interese para a comunidade combinados con diferentes textos e poemas de Rosalía de Castro co fin de homenaxear o nacemento da figura máis relevante das letras gallegas no seu 182 aniversario (Rosalía de Castro, 1837-1885).
Os traballos desenvolvéronse en diferentes centros de educación secundaria do concello onde se gravou a poesía de Rosalía transformada en rap. RAP CON ROSALÍA; Trátase dun proxecto para desenvolver en centros de educación secundaria, nesta ocasión, pretendendo coincidir as sesións coa conmemoración do “Día de Rosalía”, durante o horario escolar naqueles onde participaban rapazas de 2º da ESO.

Este proxecto baséase nunha metodoloxía que promove a participación activa e colaborativa da comunidade ao longo de todo o proceso de aprendizaxe, realizando tarefas conxuntas como a elección do tema, o foco da mensaxe, a elección do vocabulario e dous recursos literarios necesarios para crear as rimas.
