Éxito de participación no programa de Cultura Urbana de Odeon!!!

Sen categoría

Máxima participación por parte da comunidade nos obradoiros de Cultura Urbana impartidos por Vella Escola durante o programa de lecer xuvenil organizado por Oeste Comunicación dentro do Centro Comercial Dolce Vita Odeón para estas vacacións de Semana Santa.

As nenas e os nenos puideron participar en diferentes obradoiros de introdución a Parkour, Turntablism DJ, Breakdance, Graffiti, Beatbox e Personalización de Gorras de Trucker.

Para rematar o programa tamén disfrutamos dun espectáculo profesional de Breakdance a cargo de Vella Escola e Break Inclán.

Unha gran idea para pasar as vacacións activamente, saltando, pintando, cantando...en definitiva, CREANDO E COMPARTINDO!!!

Palabras clave:

beatbox, breakdance, centro comercial, Cultura urbana, DJ, exposición, Gorras Trucker, graffiti, mocidade, Narón, Obradoiro, odeón, Parkour, Parkour Park, espectáculo, turntablism, Vella Escola, mocidade

Compartir en:

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos os dereitos reservados.