>  Uncategorized   >  Éxito de participación no programa de Cultura Urbana de Odeón!!!

Máxima participación da mocidade nos obradoiros de Cultura Urbana impartidos por Vella Escola durante o programa de ocio xuvenil organizado por Occidente Comunicación dentro do Centro Comercial Dolce Vita Odeón para estas vacacións de Semana Santa.

As mozas e mozos puideron participar en diferentes talleres de iniciación ao Parkour, Turntablism Dj, Breakdance, Graffiti, Beatbox e Personalización de Gorras Trucker.

Para rematar o programa tamén gozamos dun espectáculo profesional de Breakdance a cargo de Vella Escola e Break Inclán.

Un bo xeito de pasar as vacacións en activo, saltando, pintando, cantando…en definitiva, CREANDO E COMPARTINDO!!!