Consulta o programa de Estilos Urbanos e Deportes na Rúa en Lugo!!!

Sen categoría

🎶🛹🏋 Desta vez, polas rúas de Lugo, poderás gozar de estilos urbanos e deportes na rúa 🤙.

 

👉 As actividades son abertas e gratuítas para toda a mocidade, non requiren inscrición previa e terán lugar os mércores 5, 12 e 19 de xullo de 17:00 a 21:00 en diferentes prazas da cidade – Augas Férreas, Praza Roxa de Fingoi, Agro do Rolo – onde os participantes poderán gozar, experimentar e aprender disciplinas urbanas como: fútbol freestyle, parkour, rap, dj, breakdance, double basket, streetworkot, slackline, etc.

 

👉 O sábado 22 de xullo está previsto un campionato de exercicios na rúa no Parque Rosalía de Castro.

 

Esta programación está producida por Vella Escola e forma parte do Programa +XTÍ 2023 do Concello de Lugo, subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD).

 

ASINAR

 

Palabras clave:

+Xti, 2023, beatbox, breakdance, Cultura urbana, deporte, Deportes na rúa, DJ, Estilos urbanos, freestyle football, Galicia, graffiti, hip-hop, Lugo, Parkour, rap, talleres, Urbano, Vella Escola

Compartir en:

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos os dereitos reservados.