>  Uncategorized   >  Vella Escola presenta o Concurso de Graffiti Padrón 2013

Vella Escola en colaboración co Concello de Padrón presenta o Concurso de Graffiti Padrón 2013 que terá lugar os días 21 e 22 de setembro na Praza Macías. Esta actividade vai dirixida a mozos e mozas maiores de 16 anos.

Aquelas persoas que desexen participar poden descargar as bases do concurso na web www.vellaescola.com ou premer no seguinte enlace:

https://www.dropbox.com/s/x2mqyf5pqogpu8i/Bases%20Concurso%20Graffiti%20Padr%C3%B3n%202013%20COMPLETO.pdf

Podes inscribirte de balde no correo info@vellaescola.com ou directamente na OMIX do Concello de Padrón (horario de atención de 09:00 a 14:00 horas). O prazo de inscrición é de 1 mes, do 10 de agosto ao 10 de setembro. Para máis información podes chamar ao teléfono 637 089 318 ou contactar coa OMIX de Padrón no correo omixpadron@yahoo.es

PREMIOS

  • 1º Premio 400€
  • 2º Premio 200€
  • 3º Premio 100€