>  Uncategorized   >  Vella Escola celebra o seu 10 ANIVERSARIO!!!

10 VELLA ESCOLA CELEBRA O SEU 10 ANIVERSARIO (2009-2019)!!!

Todo comezou coma un xogo de nenos alá polo ano 2006 cando se crea un pequeno equipo de Breakdance que xa levaba o nome de «Vella Escola Crew», converténdose 3 anos máis tarde (2009) nunha asociación cultural, que a día de hoxe cumple toda unha década que deixa atrás máis de 500 proxectos relacionados coa Cultura Urbana.

Para celebralo, como non podía ser doutro xeito, o pasado mes de setembro celebrouse en Noia un evento conmemorativo que reuniu a deportistas, músicos e artistas de ata 15 disciplinas urbanas. Compartimos o vídeo deste 10 Aniversario da Vella Escola celebrado no paseo marítimo de Noia o 28 de Setembro de 2019 onde se realizaron diversas exhibicións, quedadas e competicións de Cultura Urbana.

POR 10 ANOS MÁIS DE CULTURA URBANA GALEGA!!!

Outros artigos relacionados: https://vellaescola10aniversario.blogspot.com