>  Uncategorized   >  Un show que mestura Breakdance, Maxia e Circo!!!

Os da Vella Escola estreamos hoxe no salón de actos da Sociedade Recreativa Liceo de Noia, un novo espectáculo de rúa que mestura Maxia, Breakdance e Circo en colaboración co Mago Noel.

Este show vai dirixido á mocidade do municipio e enmárcase dentro do programa do Día Internacional da Muller 8M.

Segundo vimos dicindo… fan falla máis mulleres profesionais no mundo do Breakdance e da Maxia!!!