>  Uncategorized   >  Taller de Breakdance en Pontedeume (15 Decembro)!!!

Este sábado 15 de Decembro os da Vella Escola estaremos no Espazo Xove de Pontedeume impartindo un obradoiro de iniciación ao Breakdance en horario de 20:00 a 22:00 horas.

Esta actividade está dirixida á mocidade e vai enmarcada dentro do programa «Sábados Activos» que promove o Concello de Pontedeume coa colaboración do Concello de Cabanas e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

A actividade é de balde, require inscrición previa e poderá formalizarse chamando ao departamento de Servizos Sociais do Concello (981 433 266) ou ao Espazo Xove (881 930 476).