>  Uncategorized   >  Resultados Campionato PumpTrack Speed Ring Contest Noia 2023

O pasado sábado 01 de abril instalamos en Noia o noso novo circuíto de PumpTrack Móbil e o estreamos coa organización da 1ª Competición Speed Ring Contest (contrarreloxo) con 4 modalidades de competición (BMX/Bike, Roller, Scooter e Skate) e 5 categorías establecidas por idade (6 a 8 anos, 9 a 11, 12 a 14, 18 a 34 e Élite 35+ anos).

 

 

RESULTADOS

Podes consultar o documento .PDF cos resultados da proba picando aquí

 

 

 

A competición ubicouse no Parque de San Lázaro e deu comezo ás 17:00 horas coa realización da 1ª manga pola que pasaron todos/as os competidores e na que se rexistraron os tempos clasificatorios das primeiras voltas ao circuíto facendo uso dun sistema electrónico de fotocélulas. Logo dunha pausa coa pista aberta para uso libre, o xurado seleccionou os riders cos mellores tempos para correr na 2ª manga.

 

 

A segunda manga foi desputada cos tempos moi axustados, principalmente na categoría de 18 a 34 anos da modalidade de BMX/Bike, na que destacou o rider naronés Sergio Veiga, que se fixo co primeiro posto, marcando ademáis o mellor tempo de todas as modalidades e categorías da proba (5,59″).

 

 

Nas categorías de BMX/Bike de 6 a 8 anos e de 9 a 11 anos destacaron os irmáns Leo e Daniel Díaz (Vilaboa), que obtiveron o primeiro posto nas súas categorías respectivamente con 7,26″ (Leo) e 6,42″ (Daniel); sendo este último o segundo mellor tempo da proba por detrás de Sergio Veiga.

 

 

As modalidades de Roller e Skate tamén tiveron unha alta participación coa representación de dúas escolas destacadas como «Roller Ourense» e «Skate Escola» (Santiago de Compostela) que deixaron momentos intensos e sorprendentes onde pequenos e maiores apretaron ao máximo poñendo a proba o crono do xurado.

 

 

Na competición participaron riders achegados de diferentes puntos de Galicia como Noia, Sanxenxo, Vilaboa, Mugardos, Bueu, Porto do Son, Salceda de Caselas, Lousame, Boiro, Pontecesures, Valga, Narón, Vigo, Santiago de Compostela, Ourense, Barbadás, San Cibrao das Viñas, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar e  Ares.

 

 

A proba estivo organizada por Vella Escola e contou co apoio da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Noia.

 

RESULTADOS

Podes descargar o documento .PDF cos resultados da proba picando aquí

 

 

 

FOTOS ENTREGA DE PREMIOS

 

 

 

 

CARTEL

 

Máis info en www.vellaescola.com