O programa “QUEROeco – Murais Colaborativos Antipolución estará en 8 concellos da provincia grazas á subvención da Deputación da Coruña.
Este proxecto consistirá na realización de 8 murais de temática medioambiental en diferentes concellos da provincia da Coruña. O calendario será o seguinte:
- 15 XULLO – Noia
- 16 SETEMBRO – Rianxo
- 21 SETEMBRO – Santiago de Compostela
- 18 OUTUBRO – Noia
- 01 DECEMBRO – Curtis
- 06 DECEMBRO – Santiago de Compostela
- 19 DECEMBRO – Santiago de Compostela
- 20 DECEMBRO – Lousame
O programa «QUEROeco Murais Colaborativos Antipolución» está subvencionado pola Deputación da Coruña e enmarcado na convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2025.

