>  Uncategorized   >  Presentamos o novo programa RAP CON ROSALÍA nos centros educativos!!!

«Rap con Rosalía» é o novo programa que levaremos este outono aos centros educativos de Galicia da man do noso Mc favorito Risk!!!

Este programa procura a divulgación da lingua galega a través dun roteiro por 10 centros de ensino de Galicia nos que se impartirán obradoiros de Rap en galego baseados na obra poética de Rosalía de Castro.

O Rap é un estilo musical alternativo rimado que forma parte da cultura Hip Hop e que está estruturado dentro dun compás rítmico 4X4 chamado “base” ou instrumental” e que da forma a unha composición de estrutura complexa que está dotada dun amplo contido lírico, cheo de xogos de palabras de esencia contestataria e reivindicativa, pero que tamén trata temas relacionados coa nosa cultura.

Programa producido por Vella Escola e subvencionado pola Deputación da Coruña, enmarcado no programa de axudas para actividades culturais 2022

Deseño da ilustración por Doctor Toy

#VellaEscola #RapEnGalego #CulturaUrbanaGalicia #Rap #RosalíaDeCastro #Poesía #Ritmo #Rimas #CulturaGalega #CulturaDeGalicia #DeputaciónDaCoruña

Máis información en: www.vellaescola.com