>  Uncategorized   >  Parkour Park Móbil na GALICIA MAKER FAIRE (24,25 NOV)!!!

Esta fin de semana do 24 e 25 de Novembro os da Vella Escola estaremos co noso parque móbil de Parkour en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura, por tercer ano consecutivo dentro da programación da maior feira de inventores de Galicia, a «Galicia Maker Faire».

Durante os dous días impartiremos obradoiros de iniciación ao Parkour (3 sesións de 30 minutos cada día) dirixidos a tódolos públicos (a partir de 8 anos).

A inscrición nos obradoiros realizarase no propio evento antes do comezo de cada sesión, que están programadas para as 12:00, 17:00 e 19:00 horas.

Compartimos o programa con información de tódalas actividades da feira…NON FALTES!!!