Obradoiros de Rap en galego polo Día de Rosalía

Novas

A Vella Escola xunto coa OMIX e a Concellería de Cultura do Concello do Porriño celebraron o Día de Rosalía o pasado 24 de febreiro coa realización dunha programación de 4 talleres formativos de Rap en galego, nos que se traballaron diferentes recursos didácticos para aprender a escribir e interpretar rimas en galego con temáticas de interese para a mocidade combinadas con diferentes textos e poesías de Rosalía de Castro a fin de homenaxear o nacemento da figura máis relevante da literatura galega no seu 182º aniversario (Rosalía de Castro, 1837-1885).

Os obradoiros desenvolvéronse en diferentes centros de educación secundaria do municipio onde se escoitou a poesía de Rosalía transformada en rap. RAP CON ROSALÍA; é un proxecto a desenvolver nos centros de ensino secundario, nesta ocasión, facendo coincidir as sesións coa conmemoración do “Día de Rosalía”, en horario lectivo e nas que participaron as mozas/os de 2º da ESO.

 

 

Este proxecto baséase nunha metodoloxía que promove a participación activa e colaborativa da mocidade durante todo o proceso de aprendizaxe, realizando tarefas conxuntas coma a elección da temática, enfoque da mensaxe, elección do vocabulario e dos recursos literarios necesarios para elaborar as rimas.

Palabras clave :

centros de ensino, Cultura Urbana, día de Rosalía, eso, galego, galicia, Letras Galegas, obradoiros de rap, Porriño, rap, rap con rosalía, Rap en galego, rap en Galicia, rima en galego, talleres de rap, Vella Escola

Compartir en :

Copyright © Vella Escola Cultura Urbana 2026. Todos los derechos reservados.