>  Uncategorized   >  Obradoiros de Breakdance e Turntablism Dj nas Festas da Peregrina de Bertamiráns

O venres 8 de agosto Vella Escola imparte un obradoiro de iniciación ao Breakdance e outro de Turntablism (Dj) en Bertamiráns (Ames), na explanada da piscina A Telleira en horario de 19:00 a 22:00 horas. As actividades van dirixidas principalmente á xuventude, son de balde e para participar nelas non é necesario inscrición previa. Este programa está organizado pola Asociación de Comerciantes de Bertamiráns coa colaboración do Concello de Ames.