>  Uncategorized   >  Obradoiros de BEATBOX, BREAKDANCE e GRAFFITI en Valdoviño!!!

Hoxe venres 11 impartimos un obradoiro de BEATBOX e outro de BREAKDANCE na Casa da Cultura de Valdoviño en horario de 18:30 a 20:30 como inicio do programa «NA BOA ONDA»!!! E o venres día 30 de Maio para o peche da iniciativa, impartimos un obradoiro de Graffiti no mesmo horario.

Estas actividades van dirixidas a mozos e mozas de 12 a 16 anos, que poderán participar baixo previa inscrición en naboaondavaldovino@gmail.com ou directamente na Casa da Cultura.