
O novo programa “FALAMOS? Rap e Saúde Mental” que lanzamos durante o último trimestre de 2024 chegou a 11 concellos da provincia da Coruña e a preto de 300 mozas e mozos.
Este proxecto consistiu en 12 sesións de talleres participativos de Rap, faladoiros e mesas de debate apoiadas en temáticas relacionadas coas emocións e a saúde mental, dirixidas á mocidade e desenvolvidas entre os meses de setembro e decembro de 2024 nas seguintes localidades:
- 19 SETEMBRO – CPI Bembibre (Val do Dubra)
- 29 OUTUBRO – IES N1 (Ribeira)
- 04 NOVEMBRO – Conservatorio Profesional de Santiago
- 08 NOVEMBRO – CPI Cernadas de Castro (Lousame)
- 11 NOVEMBRO – IES Miraflores (Oleiros)
- 12 NOVEMBRO – IES A Sardiñeira (A Coruña)
- 21 NOVEMBRO – IGAXES (Santiago)
- 25 NOVEMBRO – IES de Arzúa (Arzúa)
- 27 NOVEMBRO – IES Ames (Ames)
- 05 DECEMBRO – IES A Cachada (Boiro)
- 12 DECEMBRO – Espazo Xove de Noia (Noia)
- 20 DECEMBRO – IES Fin do Camiño (Fisterra)
Aquí deixamos o vídeo promocional do proxecto:
O programa “FALAMOS? Rap e Saúde Mental” estivo subvencionado pola Deputación da Coruña e enmarcado na convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 (FO203).