O mércores 17 de agosto imos a Baiona con Graffiti e Breakdance!!!
A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona organiza para o vindeiro 17 de agosto de 2016 unha Xornada de Cultura Urbana dedicada especialmente á mocidade.
As actividades comezarán ás 18:30 horas no Paseo Ribeira, onde os asistentes poderán desfrutar dunha exposición de CelloGraffiti e poderán participar en diferentes obras, como o traballo de Graffiti ou Breakdance. As actividades estarán dirixidas pola Asociación Vella Escola.
A participación nestas actividades é completamente gratuíta.
Máis información e inscricións na OMIX, ou no número de teléfono 986385925.
