Xornada urbana con Vella Escola o luns 10 de abril, de 16:00 a 20:00 na Mediateca do Grilo (Cacheiras – Teo) onde montaremos un PARQUE MÓBIL DE PARKOUR de uso gratuíto e impartiremos obradoiros de introdución ao PARKOUR e TURNTABLISM DJ.
A actividade está dirixida a mozos e mozas máis de 10 anos, a inscrición é gratuíta e pódese formalizar por teléfono 981 815 700 ou enviando un correo electrónico cos teus datos persoais a servizossociais@teo.gal

